martes, 20 de mayo de 2014

Es os segredos que garda a costa da morte.

Trouxen ata aquí as miñas lembranzas desta terra, de cando era nena,
a morriña de recorrer unha praia baleira, de recoller froitos no campo,
de escoitar cada mañá os paxaros na fiestra do baño.
Trouxen ata aquí as ganas que teño de bicarte,
de voltar mirar a lúa nas noites de verán sobre o teu peito nú.
Trouxen e tráio tremores e non son de medo.
Es un pouco o vento do outono que sopra na nuca do sol.
Es o bico que ceibe se pousa na cume dun monte que leba o teu nome.
Es todo o que quixen ter e foise.
Es camiñar espída polos recunchos dun río perdido
que amaina cando canta unha nai.
Un lóstego en noites de verán,
saraiba sobre as flores da avóa,
mirada perdida cara ningún lugar.
Es, e fuches. E non voltaches.
Es o emigrante máis agardado do mundo,
o morar dunha bolboreta no bico dun neno,
a choiba que ninguén quere e que todos agardan,
os segredos que garda a costa da morte,
morrer enriba de alguén e desexar quedar a vivir nel pra sempre.
Es todo o que sempre quixen ser,
pero es dende lonxe,
es a morriña que lle teño ó bosque.
Dende que vivo en Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario